A psiquiatría ante o covid-19

Juan Carlos Díaz del Valle FIRMA INVITADA

OPINIÓN

30 oct 2020 . Actualizado a las 20:16 h.

Parece que foi hai moito tempo, pero non foi até xaneiro de 2020 cando a OMS declarou a aparición na provincia de Hubei (China) dunha nova enfermidade por corona-virus, descoñecida até entón, sinalando un alto risco de propagación a outras zonas e áreas do mundo, sendo evidente que ante unha pandemia como esta aparecerían consecuencias para a saúde mental dos cidadáns e, de forma especial, para aquelas persoas con patoloxías psiquiátricas previas ou con altos grados de vulnerabilidade.

Parece obrigado sinalar que non só nos atopamos ante unha crise sanitaria, senón que como consecuencia dela é previsible unha importante crise económica e social, que será máis impactante nas personas máis vulnerables tanto na súa saúde integral como naquelas que presenten graves dificuldades económicas e de soporte social; polo que é a estes colectivos aos que haberá que prestar unha maior atención e adicarlles máis recursos tanto no ámbito sanitario como no económico social.

É por iso que desde o departamento de Saúde Mental da OMS se desenvolven unha serie de recomendacións para blindar apoio tanto á poboación xeral como aos traballadores sanitarios, puidendo sinalarse un principio básico neste eido: a empatía, co fin de evitar a estigmatización non só das persoas que o teñen ou o tiveron a doenza, senón con aqueles colectivos de servizos esenciais que desde o primeiro momento volcáronse en axudar e ofrecer os seus servizos profesionais, poñendo en risco -como lamentablemente ten sucedido- a súa propia vida, polo que é unha premisa fundamental que se recoñeza este esforzo que nos protexe de forma individual e colectiva.

Os primeiros datos de estudos clínicos realizados sobre o impacto na saúde mental desta crise sanitaria e económico-social infórmannos dun incremento da incidencia de trastornos do sono, de ansiedade e sintomatoloxía depresiva na poboación xeral, máis alá dos procesos adaptativos que presentaremos o conxunto da poboación.

Durante este tempo, nas diferentes áreas sanitarias puxéronse en marcha programas de axuda psicolóxica e psiquiátrica aos profesionais sanitarios que presentaron trastornos emocionais e/ou psiquiátricos reactivos aos altos niveis de estrés psicosocial, para tentar minimizar as consecuencias desde unha intervención precoz e individualizada. Hai que ter en conta que a situación de pandemia polo covid-19 tivo un alto impacto na población a múltiples niveis. O risco vital inherente á infección, á interrupción da actividade, o confinamento, o distanciamento social, as altas doses de incertidume e a amenaza de crise económica revisten á situación dun alto potencial traumatoxénico. Aínda que moitos suxeitos xestionarán a situación sen sufrir consecuencias psicolóxicas importantes, noutros casos son agardables secuelas que necesitarán abordaxes específicos, optimizando a atención a poboacións específicas, como os intervinientes de primera liña, os que estaban inmersos en situacións previas de violencia intrafamiliar e os pacientes con enfermidade mental previa.

Non podo terminar este artigo sen un recordo moi especial de afecto e solidariedade para todas aquelas persoas que desgrazadamente non puideron superar o covid-19, e desexar saír desta crise ante un escenario mellor en valores como o respecto, a tolerancia, a solidariedade, o compromiso e a responsabilidade individual.