O mercado no espazo público en tempos de crise

Xosé Ramiro Sánchez Carro TRIBUNA

OPINIÓN

KAI PFAFFENBACH | Reuters

16 abr 2020 . Actualizado a las 05:05 h.

Nas últimas semanas empeza a verse en toda Alemaña un aumento significativo no número de clientes dos mercados nos espazos públicos. Nestes mercados cómpranse principalmente productos frescos: froitas, verduras, ovos, pan, pasta, mel, queixos, peixe, carne e embutidos. Os clientes prefiren estes mercados ao aire libre, en rúas e prazas, porque se sinten nestes momentos máis cómodos que nos mercados pechados e supermercados. Os clientes fan largas colas gardando separación entre eles; os postos colocaron mamparas de plexiglas e cordóns de separación para que os clientes non se aproximen demasiado aos mostradores. Outros postos consisten en furgonetas adaptadas que venden productos refrixerados. O contacto entre vendedor e o cliente limítase ao máximo. Comprar nun mercado ao aire libre supón ter un pouco máis de libertade e sensación de seguridade, ao poder facero á luz do sol e ao non ter que deambular por estreitos pasillos entre estanterías, evitando a outros clientes.

Para moitos ciudadáns, unha das poucas alegrías estas semanas é poder ir á compra. É a ocasión que teñen para poder saír da casa, estirar as pernas e respirar un pouco de aire fresco. Deberíamos plantearnos entón como facer que esta necesidade poida facerse de forma segura e ao mesmo tempo axude a sobrelevar o mellor posible o confinamento. Nun supermercado é moi difícil manter unha certa distancia porque están preparados para optimizar o espacio. Así que o contacto entre os clientes do súper só pode minimizarse reducindo o seu aforo para evitar que a xente se amontone. E isto polo xeral produce demoras porque hai clientes que necesitan máis tempo que outros para encher o seu carro da compra.

O que propoñemos entón é promover mercados ao aire libre, ocupando paseos, parques, bulevares e prazas. Trataríase de pequenos mercados de cercanía, tantos como foran precisos, para que os veciños non se tuveran que desplazar lonxe dos seus domicilios e para que non se produzan aglomearcións. Nestes mercados poderían vender os seus productos os productores locais e tamén os grandes distribuidores. É dicer, trataríase dun mercado tradicional no que as habituais cadenas de distribución de alimentación tamén poderían sacar ao exterior os seus productos frescos y despachalos en mostradores. Como no espacio público non hai a priori problemas de espacio, mantenendo unha boa separación entre postos, organizando as colas de espera e co uso de mascarillas, o risco de contaxio sería seguramente máis baxo que nun local pechado. O aforo podería incluso controlarse, se fora preciso, mediante o peche do recinto con vallas provisionais. Outro factor clave é o da meteoroloxía; xa que estamos en primaveira non se prevé que o frío ou as choivas poidan ser un impedimento para a instalación destes mercados ao aire libre.

Por último queremos recordar que hai unha masa importante de pequenos productores que nestes momentos non teñen ingresos porque non poden vender os seus productos nos mercados. Se parasen a producción por non ter clientes (véxase o caso do mercado dominical de vilas como Padrón), poderíamos ter problemas de abastecemento nos próximos meses porque os seus potenciais clientes teñen que mercar agora ás grandes cadenas de alimentación e porque, ante a falta de perspectivas ou medios económicos, deixarían de colleitar. Hai que apoialos para axudarnos a nós mesmos, porque ademáis o consumo de productos frescos é fundamental para unha dieta sana.

Quedan algunas semanas, quizáis algúns meses, para que poidamos volver a facer uhna vida parecida á de antes. Debemos adaptarnos a unhas novas condicións e buscar a maneira neste tempo de sacar o máximo partido aos nostros espacios públicos. As nosas rúas e prazas están valeiras, sen uso. Poder saír a facer a compra a un mercado ao aire libre permitiríanos respirar esa dosis de optimismo, tomar o sol uns pocos minutos e manternos mentalmente fortes. Volvamos á normalidade empezando por ahí, utilizando o espacio público en beneficio de todos.