Feminismo de escándalo


Está causando certo rebumbio a elección de Beatriz Gimeno, feminista, lesbiana e activista polos dereitos LGTB, como directora do Instituto da Muller, que quizais algúns preferirían ver dirixido polo presidente da Conferencia Episcopal. Coma se ser feminista radical fose un insulto, leo na prensa deportiva (en serio) que un dos problemas desta persoa é que falou do ben que estaría que os homes experimentasen o sexo anal. Xa se sabe que algo así, lido mentres un se ilusiona coa quiniela, pode sufocarlle o café con porras (con perdón); igual que iso de que as relacións heterosexuais son un instrumento do patriarcado para someter as mulleres; e xa non digamos aquilo de que os cárceres non deberían existir.

Creo que foi Bakunin quen dixo «mentres permaneza un alma en prisión, non serei libre», co que seguramente do pouco que se podería acusar a Gimeno sería de socialista utópica, a non ser que se mire para Holanda, onde o sistema carcerario foi practicamente abolido. E sobre o demais, coido que o susto non vén doutra cousa que de topar de fronte coa realidade do feminismo, tan distinta dos discursos impostados que permitían acomodarse en fórmulas que, en realidade, non incidían no cerne do asunto: que o sometemento das mulleres non cesa por declararse feminista, senón por selo realmente. E ser feminista implica entender a mensaxe radical de Gimeno.

«Radical» ten a mesma orixe que «raíz», así que o «feminismo radical» da nova directora do Instituto da Muller non é máis cá reflexión fonda sobre as causas do sometemento das mulleres. Por iso me aledo de que se escandalicen. Se non fosemos escandalizantes, o feminismo non tería sentido.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
23 votos
Comentarios

Feminismo de escándalo