Sóbralle a industria á Xunta de Galicia?

Pablo Arangüena ACOTÍO

OPINIÓN

Oscar Vázquez

11 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Publicou neste xornal o conselleiro Francisco Conde un artigo titulado «O Goberno decide: reacción ou desconexión definitiva nas Pontes». Nel, unha vez máis, pon en práctica a única política industrial que se lle coñece ao Goberno galego: botar balóns fora cara o campo do Goberno central, afirmando que a Administración central xerou un «clima de inestabilidade e incerteza», que practica un «silencio cómplice» e que «Galicia non quedará calada ante esta inxustiza».

Chama poderosamente a atención que diga estas cousas cando sabe ben que o das Pontes é un problema de mercado que non ten nada que ver co Goberno central. Así, o mercado europeo de dereitos de emisión de CO2 pasou de 6 euros por tonelada a 25 euros nun ano, ao cal engadiuse unha forte baixada do prezo do gas, poñendo o carbón fóra de mercado.

A pesar de estar en funcións, o Goberno, a diferenza da Xunta, foi proactivo dende o minuto cero na procura de solucións, propiciando que Endesa practicase probas -controladas polo IDAE, dependente do Estado- para substituír o carbón por biocombustibles. Probas que se consideraron insuficientes, polo que se farán máis a instancias do propio Goberno. E, para o caso de que as probas rematen sen éxito, garantiuse a aplicación na comarca dun convenio no marco da estratexia nacional de transición xusta (primeira elaborada no mundo) e adquiriuse o compromiso de dar prioridade á súa reindustrialización, ademais de garantirse a recolocación dos empregados.