Un pacto pola ciencia en Galicia

Juan Manuel Lema Rodicio TRIBUNA

OPINIÓN

17 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

pasado día 8 de outubro celebramos o Día da Ciencia en Galicia, un día de festa, pero tamén un día de reflexión para avaliar o estado da ciencia e a tecnoloxía en Galicia. Na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) estamos seriamente preocupados.

O sistema I+D+i en España e en Galicia é fortemente dependente do sector público, tanto polo que respecta ós actores -universidades, CSIC, centros tecnolóxicos…- como ós instrumentos financeiros, basicamente programas de investigación europeos, españois e galegos. Non quero insistir, por ser de sobra coñecido, no desfase orzamentario de España, e aínda máis de Galicia, con respecto ós estándares internacionais. Poder competir nun mundo tan globalizado resulta extraordinariamente complexo, e aínda máis contando con recursos que, no mellor dos casos, están por debaixo do 50 % da media dos países do noso entorno.

O panorama nas universidades e centros de investigación, responsables da I+D necesaria para xerar conceptos, procesos e produtos potencialmente transferibles e, sobre todo para a formación de capital humano de calidade, é moi preocupante.