Escolas para «empijecer»


Pode que non coñezan a un tal Larry Rosenstock, coma min, pero vén a conto do debate estúpido sobre a liberdade no ensino que, cada certo tempo, sacan por igual a Igrexa católica e Hazte Oír, así coma colectivos que cren que o maior impedimento para a paz mundial está no bilingüismo nos colexios. Aclaro: o bilingüismo verdadeiro (galego/catalán/éuscaro - castelán) que maman algúns nenos españois, non o bilingüismo cosmopaleto onde parece que saber inglés salva da ignorancia e a pobreza, coma se non houbese pobres e ignorantes en Inglaterra. Pois Rosenstock acaba de gañar un premio de medio millón de dólares outorgado pola Fundación Qatar (hai que amolarse) basicamente por facer o que o ensino público español leva facendo desde que existe: demostrou que a non segregación de ningún tipo e, por tanto, a non selección dos estudantes, redunda no éxito académico.

Por aí adiante mesmo as fundacións de países de dubidoso respecto polos dereitos humanos premian esta fermosa idea que recolle o esencial da xustiza social, mentres que en España, onde esa xustiza xa debe ser pouco sofisticada, aceptamos que as autoridades educativas actúen de forma dubidosamente legal, sobre todo nas zonas altas das cidades, e aledámonos de que algúns institutos públicos funcionen «como centros privados» (si, ese que vostede ten na cabeza) na selección do alumnado. Aceptamos, porque convén ás elites que non desexan a marca dereitosa do «cole privado» pero si gustan do seu valor segregador, reservando para si as escolas públicas máis molonas. Logo, iso si, dedicamos reportaxes aos pobres que chegan ao éxito. Efectivamente, puxémosllelo difícil ao acabar co digno sentido do ensino público.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
22 votos
Comentarios

Escolas para «empijecer»