Diana foi asasinada

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

21 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

tempo é mal aliado da memoria. A hemeroteca, nesta época tan veloz, é unha ferramenta necesaria.

Estamos pendentes do mediático xuízo Diana Quer. Diría que nel se están a dar demasiados datos. Quizais algún depravado poida ocultar posibles delitos que hoxe inculpan ao Chicle de maneira evidente. Coas mentes perversas hai que ter moito coidado.

Alén disto, hai algo que me preocupa moito, que estamos a esquecer que, nun principio, o caso de Diana xerou moitas dúbidas. Que se era unha rapaza conflitiva, que a fuxida puido ser voluntaria, que se quería chamar a atención, que se a familia, que se a anorexia, que se... Ela. Si, ela, a culpable.

A medida que avanzaban os días, desprazouse o foco aos feirantes. Quizais eles... pero só quizais.

Tiveron que pasarnos por riba os días, moitos días, para que o xuízo na rúa comezase a temer polo que finalmente foi: outra violencia machista. Outra vítima por ser muller. Non o esquezan: Diana foi asasinada.