O cacho de pavimento


Por un intre pensei que o anaco de baldosa sería empregado como arma. Para que, se non, ía ter Rivera unha pedra se non era para guindarlla ao racista machista homófobo que tiña ao pé? Nótese que, animada pola regresión temporal propia do debate electoral, e tamén porque a miña televisión emitía en sepia boa parte das intervencións, preferín escoitalo na radio, onde os comentaristas compartían o meu pensamento: «Extrae algo dunha bolsa... É unha lastra?». Entrementres, os demais escoitaban con desgana, agardando a súa quenda para soltar frases aprendidas dos programas electorais. En cambio, o racista machista homófobo, co peteiro engrandecido pola historia que une Falange co século XXI pasando por Rosenberg, Gentile e Bannon, fala amodo porque sabe que todo iso xa pasou e volverá pasar, dándolle a vitoria. Son tan idiota que tardei un anaco en entender que ninguén o ía retrucar.

Entón apaguei a radio, consciente de que un día, paseando por un chan empedrado, miraremos atrás e cuestionaremos como chegamos ata aquí, coa televisión ateigada de discursos fascistas ditos en alto mentres todos nos enfeitizamos co timbre da nosa propia voz. Non imos ter que agardar vinte anos para preguntar qué nos pasou en 2019 para crernos bos por tolerar aos intolerantes, e nin sequera erguer unha pedra a xeito de ameaza cando se trata de defender a democracia. Abondará cun par de meses, cando alguén acepte os votos da ultradereita no Parlamento e comprobe a cambio de que terá que pagar a súa complicidade co fascismo de novo cuño.

(Percibiron que o propósito desta columna era proporcionar varias formas galegas para o castelán adoquín, non si?).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
13 votos
Comentarios

O cacho de pavimento