¿Se debería pagar por las autovías que ahora son gratuitas?

La noticia saltó a mediados de agosto. El Gobierno reconoció que se plantea imponer un pago que calificó de "simbólico en las autovías que son gratuitas. La Voz recoge un debate con las opiniones enfrentadas de dos expertos.

¿Aplaudiría usted la medida que propone el Gobierno de pagar una cantidad simbólica a aquellos usuarios de las autovías que ahora son gratuitas? Ethel Vázquez, conselleira de Infraestructuras y Xosé Carlos Fernández Díaz, ingeniero de Obras Públicas, exponen sus posturas. Bien diferenciadas


Quien desgasta, paga

En algunos territorios de España conocemos lo que es abonar peaje al circular por algunas autopistas de la red nacional o autonómica. En este caso se debe a que el Gobierno de España o la Xunta de Galicia decidieron que el coste de su construcción fuese sustentado por los usuarios de las mismas, en lugar de por el conjunto de los contribuyentes. Siendo discutibles estas decisiones, muy poco tienen que ver los peajes que abonamos al utilizar estas autopistas, con la nueva figura que el Ministerio de Fomento pretende implantar para sostener el mantenimiento de la red de vías de alta capacidad (autopistas y autovías), debido a la insuficiencia presupuestaria actual para conservarlas en estado de circulación segura y eficaz.

Entre los factores causantes del desgaste de los firmes de las carreteras, además de los climáticos, el más importante y agresivo es el causado por las cargas que los utilizan. En España, los camiones están autorizados a transmitir presiones de 11,5 Tm/eje, o 19 Tm/eje tándem y los autobuses interurbanos, 12,6 Tm/eje o 19 Tm/eje tándem. Los vehículos particulares, que normalmente tienen una masa de entre 750 y 1.500 kilogramo, producen una presión sobre el firme de entre 375 y 750 kilogramo por eje. Es decir los vehículos particulares más pesados originan 15 veces menos presión que un camión normal. Máxime teniendo en cuenta que tanto camiones como autobuses pertenecen a empresas cuyo objeto es el transporte de cargas o personas, y su frecuencia de uso puede superar las 300 o 500 veces la de la mayoría de los usuarios particulares. Llegados aquí hay que cuestionar: ¿quién desgasta la carretera?

Otro aspecto a considerar es que transportistas y empresas de autocares, realizan un negocio con el que obtienen un beneficio, mientras que los particulares son simples paganos que contribuyen, como el resto de ciudadanos que no viajan en automóvil, a conservar en buen estado el firme de las carreteras y autopistas. Tremenda injusticia social y distributiva.

Quien contamina, paga, es el eslogan que, desde Kioto (y más recientemente desde París), aceptamos las sociedades y países desarrollados, para frenar y reconducir la alarmante situación medioambiental que se ha originado. Pues bien, este principio (quien desgasta, paga) es el que debe guiar a Fomento para recaudar fondos para el mantenimiento de la red de autopistas/autovías, al igual que -con diferentes soluciones-, ya vienen aplicando Alemania, Austria, Suiza, Bélgica, Suecia, Dinamarca etc.

Alguien intentó disuadirme de exponer estos argumentos porque el sector del transporte se me echaría encima. Sería una mala interpretación del artículo. No voy contra el beneficio del transportista, pues este, lógicamente, deberá repercutir el coste sobre el viajero o la tonelada transportada. Y de este modo aproximarnos hacia una más justa distribución de los recursos tributarios que aportamos, y los costes exigidos por quienes usan los servicios que utilizan.

Autor Xose Carlos Fernández Díaz Ingeniero de Obras Públicas

As peaxes das que quere falar Galicia

Unha vez máis, volvemos ver como o ministro de Fomento, José Luis Ábalos, introduce na opinión pública o globo sonda do pago de peaxes nas autovías. Desta vez en agosto e co país bloqueado por un Executivo en funcións. Pero xa o fixera antes, sen proposta nin proxecto concreto, e sen que esa idea evolucionase cara a ningún modelo de xestión elaborado sobre o que debater. Semella claro, pois, que eliminar as vías gratuítas está na axenda do Partido Socialista. Pero parece haber tamén un alto grao de consenso no rexeitamento a esa idea, que só abrazan, en boa lóxica, os empresarios con intereses na conservación de estradas.

Galicia asiste con preocupación a este debate sobre o plan descoñecido do Goberno porque tememos ver agravada a nosa posición no conxunto do Estado, xa desfavorable, en relación ás infraestruturas e á mobilidade. España é asimétrica nestas cuestións: Galicia é unha comunidade periférica que, ademais, leva sufrindo constantes atrasos na conexión co resto de España por alta velocidade ferroviaria. Outros territorios téñena dende hai décadas.

Xunto ás demais comunidades do noroeste, clamamos por unha aposta do Executivo central pola nosa rede de mercadorías, similar á que mantén co corredor Mediterráneo, para conectarnos en condicións de competitividade cos grandes mercados europeos.

E agardamos pola conclusión de importantes autovías estatais de vertebración interior, que seguen acumulando atrasos. Por citar algúns exemplos, a autovía Santiago-Lugo, a circunvalación de Pontevedra, a autovía Vigo-O Porriño, a autovía Lugo-Ourense ou a autovía da Mariña, entre outras. Pasa outro verán máis sen solucionarse o problema da néboa da A-8.

Galicia foi paciente agardando, pero é de xustiza reclamar con vehemencia o que outras comunidades gozan dende xa hai moito tempo sen que se nos acuse de vitimismo. Non facelo sería irresponsable. E que os cidadáns rexeiten de plano a idea de pagar por esas autovías cando por fin sexan realidade é máis que comprensible.

Porque esas débedas en materia de infraestruturas que a Administración Xeral do Estado ten con Galicia non son os únicos elementos de desequilibrio. A elas hai que sumar cuestións irremediables -como a nosa maior distancia coa capital do Estado e co resto de Europa- e outras que si teñen solución, pero que non teñen espertado interese no actual Goberno central. Refírome agora aos prezos das dúas autoestradas estatais que, á vez, son dúas das principais vías de comunicación de Galicia: a AP-9 Ferrol-Tui e a AP-53 Santiago-Castro Dozón.

Se afondamos máis, constatamos que a rede de autopistas de peaxe do Estado se concentra en determinadas áreas xeográficas como son Galicia, o País Vasco, Cataluña e a zona centro. Poñendo cifras segundo o anuario estatístico de Fomento do ano 2017, en España 20 de cada 100 quilómetros de autovías e autoestradas estatais teñen peaxe ao usuario. En Galicia esa cota elévase ata o 30%. Polo tanto, temos tamén unha España asimétrica en materia de peaxes, pero o máis relevante é que esta diferenza, nos próximos anos, irase acentuando a medida que vaian revertendo ao Estado autopistas que finalicen o seu prazo concesional.

Para máis inri, temos que volver recordar que a autoestrada do Atlántico ten programadas para dúas décadas subidas absolutamente desproporcionadas por decisión do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero. Un conxunto de agravios nos que podemos atopar un denominador común nos Gobernos estatais socialistas, e ao que agora queren engadir que tamén paguemos polas autovías que a Galicia chegaron máis tarde que a ningún sitio e que en Galicia necesitamos máis ca en ningún sitio.

Queremos falar de peaxes co Goberno de España. Necesitamos facelo. Cómpre un Goberno estable que ademais estea disposto a abordar con máis seriedade un asunto de tanto calado.

A conservación de estradas é unha cuestión relevante. Os que traballamos en obra pública sabémolo. E, sen necesidade de cruzar o Padornelo, vemos como as principais autovías estatais de Galicia, a A-52 (Vigo-Ourense-Benavente) e a A-6 (A Coruña-Lugo-Madrid) están nun estado francamente lamentable. Agora ben, as mesmas dificultades, senón máis, tamén as temos no resto de Administracións públicas e, a día de hoxe, a Xunta non ten ningunha das súas autovías na situación en que se atopa o firme das estradas nacionais. Pero a solución non pode acadarse á custa de máis desigualdade e asimetría con medidas que nos afastarían máis do resto do país.

Galicia precisa e reclama unha España homoxénea en termos de peaxes, homoxénea en termos de competitividade, homoxénea en termos de mobilidade e homoxénea en termos de vertebración territorial.

Son asuntos serios e non se pode abordar con bombas de palenque de festa de verán que só buscan titulares e pulsar opinións. En Galicia, así, non.

Autor Ethel M.ª Vázquez Mourelle Conselleira de Infraestructuras y Mobilidade da Xunta de Galicia
Votación
14 votos
Comentarios

¿Se debería pagar por las autovías que ahora son gratuitas?