Valle-Inclán e o ditador


A«novela do ditador” acabou por entenderse coma un apéndice esencial e definitorio da literatura latinoamericana do boom, debido sobre todo ao número de escritores que desenvolveron este tema, desde Facundo, do arxentino Domingo Faustino Sarmiento, ata as obras nucleares do século XX: Yo, el Supremo, de Augusto Roa Bastos, La fiesta del Chivo de Mario Vargas Llosa, El señor presidente de Miguel Ángel Asturias ou El otoño del patriarca, de García Márquez, etcétera. Alfredo Bryce Echenique díxome hai anos que algunhas destas obras xurdiran dun desafío informal entre varios escritores americanos fascinados pola dimensión literaria destas personaxes.Curiosamente, case ninguén parecía relacionar ao Tirano Banderas forxado polo noso Valle-Inclán con esta serie de caudillos latinoamericanos, nin sequera como adiantado ou antecesor. Foi o intelectual colombiano Conrado Zuluaga, experto na obra de García Márquez e autor do libro Novelas del dictador, dictadores de novela (1978), o que volveu a ollada sobre o escritor galego e o seu maxistral Tirano Banderas (1926).

En declaracións recentes, Zuluaga sosteu que a figura do tirano creada polo autor galego «é para min a mellor, porque Valle colle os lugares comúns deses ditadores e recréaos cunha gran economía de linguaxe na descripción e no diálogo. E ademáis ten un sentido do humor marabilloso». Díxoo sen mingua ningunha da súa incondicional admiración por García Márquez, pero non dubidou en situar a Valle-Inclán na cabeceira da lista cunha argumentación pertinente. Porque non se trata de restarlle méritos a ninguén, senón de abrir os ollos sobre algo que, sendo brillante e profundo, é también literariamente moi orixinal. Cabe dicir, neste sentido, que Cela e Umbral tiñan razón cando afirmaban que os escritores latinoamericanos foran elevados ?como grupo- a unhas alturas desmesuradas e cun aplauso sospeitosamente unánime. Célebres foron algún cabreos do noso Nobel, pero tamén as reticencias doutros escritores, entre os que cabería citar a Cunqueiro (que só admiraba a Carpentier e a Borges) e a Gonzalo Torrente Ballester, que non sempre estaba de humor para repartir eloxios entre eles.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Valle-Inclán e o ditador