Mulleres exemplares


Mulleres exemplares e heroínas hainas en tódalas partes da nosa historia. Hai algún tempo que Rocío Castro me abrira as portas a ler sobre o fascinante caso do naufraxio do Santa Isabel na illa de Sálvora, aló polo ano 1921, e das catro mulleres que fixeron historia cunha dorna e apoio en terra. Elas eran Cipriana Oujo, Josefa Parada, María Fernández e Cipriana Crujeiras. As tres primeiras rescataron arredor dunha ducia de náufragos coa súa dorna, e a última fixo de apoio en terra.

O libro de Xosé María Fernández Pazos Sálvora: Memoria dun naufraxio documenta a historia non só do naufraxio, senón tamén da realidade da zona naquela época.

Seguindo a miña teima persoal sobre a representación e a visibilización das realidades invisibles, a historia chamoume a atención, pois no seu día esas catro mulleres foron referidas como as Heroínas de Sálvora, e un dos artigos actualizados que lera sobre o tema era con referencia a un dos aniversarios do naufraxio. E foi precisamente con ese artigo co que me decatei do moito que mudou o meu xeito de ler as novas que falan da capacidade das mulleres, sobre todo cando estas capacidades están descritas por homes.

Quedei matinando no tema das supermulleres, sobre o que escribira hai un par de semanas, e de novo comecei a preguntarme que é o que fai que os heroes pasen á historia e que as heroínas queden atrás. Cantas heroínas invisibles hai na historia da nosa terra?

Neste marzo feminino e feminista, reflexionemos sobre o nesgo masculino da nosa historia e apoiemos os intentos de revisar tódalas nosas historias para así poder ter unha visión máis plural e realista da nosa identidade cultural.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
15 votos
Tags
Comentarios

Mulleres exemplares