Tres anos e medio de cárcere

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

04 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Iso é o que a Fiscalía de Madrid pide para Cristina Cifuentes, expresidenta da comunidade, por un delito de falsidade en documento oficial. 

Non vou entrar en comparacións coas penas que se piden para outros delitos nin co ben paradas que saíron outras figuras políticas que se viron inmersas en casos semellantes. A ela tocoulle pagar o que a outros lles saíu gratis. Así é a vida.

O que vou comentarlles é a miña estrañeza pola importancia que dan os políticos aos títulos académicos, xa sexan teses doutorais ou másteres en calquera cousa. Están dispostos/-as a incorrer en delito para poder engadir ao seu currículo, sen molestarse, iso si, o que outros conseguimos con anos de esforzo e sacrificios económicos. Iso parece indicar que eses títulos teñen un valor, que engaden méritos a quen os posúe, que son, en suma, estimados pola sociedade. E de aí vén a miña sorpresa porque aos únicos que eses títulos favorecen, ao parecer, é aos políticos.