O apartheid galego segundo Vox


Nunha entrevista recente, Javier Ortega, secretario xeral de Vox, falou do apartheid en Galicia e veu dicir que había que protexer o español.

Son dunha xeración na que os galegofalantes sufrían discriminación negativa e os que escribían en galego eran obxecto de toda clase de represións e prohibicións, así que a primeira reacción foi: este tío cre que está en Xirona.

Pero sería perigoso rirse e atribuír as súas palabras a que o único que saben sobre Galicia é que temos un excelente marisco. Na miña opinión están a utilizar argumentos que poden atraer a un bo número de votantes. Por exemplo: «La imposición de una lengua es una forma de totalitarismo. Se ha defendido como una forma de diferenciación, no para proteger un patrimonio cultural o lingüístico».

Son ideas e palabras pensadas para unhas eleccións xerais. Substitúan a palabra galego por catalán e verán que os posibles simpatizantes aumentan: «No tenemos problema con el gallego, es una parte de la cultura española, pero sí tenemos un problema con cualquiera que utiliza la imposición del gallego para defender privilegios».

E que me din destas rotundas afirmacións? «El español es un vehículo de la unidad de España, los apartheids lingüísticos (son) las nuevas fronteras lingüísticas de España».

Utilizan medias verdades, que son as mentiras máis difíciles de desmontar. E non son parvos, como demostraron en Andalucía. Coidado con eles.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
33 votos
Comentarios

O apartheid galego segundo Vox