Gonzalo Caballero y Alexandra Fernández, dos visiones contrapuestas de los Presupuestos

El líder del PSdeG y la diputada de En Marea explican en La Voz sus posturas sobre las cuentas del Estado, muy lejanas a pesar de los pactos entre sus partidos en Madrid

Socios en Madrid, pero enfrentados en Galicia. Aunque el PSOE ha conseguido el aval de Podemos para sus presupuestos, los diputados de En Marea parecen ahora no estar dispuestos a avalar las cuentas de Pedro Sánchez. Incluso proponen crear un frente galaico en el Congreso, sin tener en cuenta siglas ni partidos, para reclamar mejoras de calado en las partidas destinadas a la comunidad. 

En el artículo que la diputada de En Marea Alexandra Fernández publica este miércoles en La Voz de Galicia deja clara su postura. «Despois do AVE agárdanos un deserto de investimentos». Integrada en Unidos Podemos, Fernández denuncia la «brutal baixada do orzamento para Galiza», que desde su punto de vista forma parte de una estratégica reconfiguración «dos pesos dun Estado que está a concentrar o poder político e económico no Mediterráneo». Con una visión radicalmente distinta, el líder del PsdeG dice en su artículo en La Voz de Galicia que «Galicia disporá de máis recursos en 2019 que no exercicio pasado, aínda que é certo que o conxunto da torta é máis grande». Además, Gonzalo Caballero se queja de que el «PP orzaba e non executaba en Galicia».


En contra

Orzamentos: e despois do AVE, que?

proposta de orzamentos do Goberno do PSOE para o 2019, máis alá de ser un mazazo para o país, indica un cambio de ciclo na relación entre o Estado e Galiza. Hai dous datos clave, ao meu entender, que así o certifican. En primeiro lugar, a brutal baixada do orzamento para Galiza e o aumento para Cataluña, Valencia e Andalucía evidencia a reconfiguración dos pesos dun Estado que está a concentrar o poder político e económico no Mediterráneo.

En segundo lugar, estase a producir un cambio no modelo de inversión en Galiza. Estamos ante o fin de ciclo de investimento no AVE, que abre a posibilidade de deseñar un plan investidor de futuro para o noso país, unha vez liberados da hipoteca á que durante os últimos anos tivemos que destinar a metade do orzamento. Non obstante, a baixada do investimento no AVE implicou directamente a redución dos orzamentos para Galiza. A mensaxe do PSOE é clara: despois do AVE agárdanos un deserto de investimentos.

A entrada en funcionamento do AVE para o 2020 vai darlle visibilidade ao feito de que o rédito real de todo ese investimento millonario vaino levar Madrid, por culpa dunha estrutura radial na que a dirección dos fluxos socioeconómicos tende a ser succionada polo centro.

A función que asigna o Estado a Galiza para as próximas décadas -e aquí coincidiron sempre tanto o PP como o PSOE- é a dunha rexión subsidiaria de Madrid, que non ten capacidade produtiva e cun problema demográfico cada vez máis grave.

Por todo isto, estes orzamentos non só implican unha mingua dos recursos, senón que supoñen unha perda de oportunidade neste momento de cambio de ciclo. Se o Goberno do PSOE quere contar con todos os votos de En Marea deberá manter, cando menos, un nivel de investimento que garanta a mellora da vertebración interna (facilitando a mobilidade de pasaxeiros e impulsando a intermodalidade entre portos e ferrocarril), que dea un apoio decidido aos nosos sectores produtivos e que aposte por fortalecer o noso papel na Península mediante a conexión ferroviaria con Portugal.

Autor Alexandra Fernández Deputada de En Marea

A favor

Galicia, o meu compromiso

AOs Presupostos Xerais do Estado destinan a Galicia 8.485 millóns de euros para este ano, cun aumento de 207 millóns respecto ao 2018. Tendo en conta os fondos do financiamento autonómico e a inversión incorporada nas contas públicas, Galicia disporá de máis recursos en 2019 que no exercicio pasado, aínda que é certo que o conxunto da torta é máis grande. Pero o máis relevante é que, ante a desigualdade social e o risco de exclusión, a prioridade social ten que ser a marca definitoria destes Presupostos.

A suba das pensións, o incremento dos salarios de empregados públicos, a universalización da sanidade, as prestacións para parados de longa duración, a aposta pola dependencia, a suba das bolsas para os sectores máis vulnerables… constitúen un paquete de decisións moi beneficioso para a cidadanía do conxunto do Estado, con maior importancia nunha Galicia con salarios, rendas e pensións máis baixas que na media do Estado. Máis dun millón de galegos notarán directamente nos seus ingresos mensuais o compromiso plasmado nos orzamentos. Xa só por iso son importantes.

Garantida a prioridade social, toca falar de investimentos. É certo que en 2019 Galicia recibirá unha contía real superior á que lle correspondería en función do seu peso no PIB e na poboación española, pero é certo tamén que, para os que cremos nunha España da solidariedade e da equiparación das infraestruturas, ese argumento non é nin será suficiente.

O Goberno garante os fondos necesarios para a conclusión das obras para a chegada do AVE a Galicia, e incorpora distintos proxectos. E no penúltimo Consello de Ministros do pasado ano aprobouse un investimento histórico de 4.325 millóns de euros para o naval público galego, con inmensos efectos sobre o crecemento económico e o emprego. Por certo, por que moitos ocultan a inversión nas fragatas á hora de facer balance do compromiso de gasto con Galicia?

É positivo para España e para Galicia que haxa Presupostos, e desde Galicia temos que traballar para ter os mellores números posibles para o noso país. Pero cando hai posibilidades de investimento, Galicia non pode quedar á marxe. E Galicia é o meu compromiso.

Aplaudo a prioridade social dos Presupostos, poño en valor o compromiso coa chegada do AVE, e a maiores saliento o investimento plurianual histórico para a construción das fragatas en Ferrol. Pero á vez considero que hai proxectos necesarios en Galicia que deben ter acomodo nuns orzamentos expansivos e positivos para o conxunto do país.

Sabemos que o PP orzaba e non executaba en Galicia, que Rajoy deixou de gastar máis de 2.000 millóns de euros na nosa comunidade co silencio de Feijoo, e que a súa prioridade é pactar con VOX en vez de negociar uns orzamentos necesarios para a cidadanía. Por iso, os socialistas galegos mantemos e manteremos a Galicia no centro do noso compromiso.

Autor Gonzalo Caballero Secretario xeral do PSdeG-PSOE
Votación
10 votos
Comentarios

Gonzalo Caballero y Alexandra Fernández, dos visiones contrapuestas de los Presupuestos