Nova era na evolución humana


En 1905 Albert Einstein deduciu unha sorprendente ecuación, que establece unha equivalencia entre a masa e a enerxía. Enseguida comprendeu que, se por algún mecanismo se puidese facer desaparecer masa, a cantidade de enerxía desprendida nese proceso sería extraordinariamente superior á de calquera outro coñecido naquela época. Pensou que tal proceso era inalcanzable, nin de lonxe se imaxinaba que chegaría poucos anos despois, en 1938, ao conseguirse romper nun laboratorio un núcleo atómico (fisión nuclear) por primeira vez. Ese fito da ciencia abría a porta á consecución de grandes cantidades de enerxía... pero en menos dun ano Einstein foi advertido do desvío da súa idea para un uso terriblemente perigoso: a bomba atómica, que se construíu en 1945. En 2012 dúas investigadoras deron cunha ferramenta que permite editar o noso xenoma, algo moi positivo, pero que tamén abre a posibilidade do deseño de humanos á carta. A comunidade científica horrorízase ante a idea, pero xa está aquí. Unha bomba que abre unha nova era na evolución da nosa especie. Indo ao caso chinés, o Premio Nobel de Química Jean-Pierre Sauvage dicía estes días en Galicia que, de ser certo, un dos riscos para esas nenas xemelgas é que non se pode asegurar que o cambio xenético que se lles fixo teña os efectos que se esperan, ou o que é peor: que teña efectos nocivos que non se esperan. Engadía que, antes de poñerse a tocar algo no xenoma humano, teñen que estar meridianamente claras as consecuencias que causará ese cambio.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
25 votos
Comentarios

Nova era na evolución humana