O GPS do noso cerebro


Cando imos dun sitio a outro nun lugar que nos é familiar, sabemos que ruta elixir para chegar ao noso destino. Pero, ¿como é capaz de facelo o noso cerebro? O filósofo Enmanuel Kant xa pensou nesa cuestión hai máis de dous séculos, e chegou á conclusión de que o concepto de espazo debía ser algo innato para a mente humana.

Dous séculos despois, un grupo de científicos demostraba que Kant tiña razón. En 1971 descubriuse que un tipo de células nerviosas do cerebro de ratos de laboratorio se activaban en función da posición que ocupaban estes en certos lugares da habitación na que os tiñan confinados. Foi a evidencia de que esas células estaban a formar nos cerebros dos ratos un mapa do espazo no que vivían. En 2005, noutros experimentos con ratos, atopouse que existían grupos de células que, traballando de modo coordinado, creaban un sistema de referencia que lles permitía orientarse e buscar o camiño dun lugar a outro. Pronto se descubriu que esas redes de células tamén as temos os humanos. Por certo, son das primeiras en ser afectadas en procesos como o alzhéimer, por iso a desorientación é un dos primeiros selos do avance desa enfermidade.

Unha das persoas clave nestes descubrimentos foi a norueguesa May-Britt Moser, polo que gañou o Premio Nobel de Medicina en 2014 (unha das sete mulleres que o ten na actualidade, na listaxe histórica hai cinco máis, xa falecidas). Moser estará a semana que vén en Galicia, para verse cos nosos científicos e para contarlle ao público como o espazo, o tempo e a memoria habitan no noso cerebro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
25 votos
Comentarios

O GPS do noso cerebro