Coidemos a verbena, un patrimonio cultural

Manuel Fariña PRESIDENTE DE AGO

OPINIÓN

13 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Poucas manifestacións culturais reflexan tan claramente a singularidade dun pobo como a súa forma de celebrar as festas. Mais aló do significado relixioso, a festa parroquial era un momento de lecer colectivo que rompía coa rutina do traballo cotián e permitía enaltecer as costumes e tradicións culturais de cada lugar. Pero sen dúbida, unha das identidades mais importantes das festas e a presenza da música. Dende as primeiras festas amenizadas por gaitas e instrumentos típicos de cada zona ata principios do século XX onde empezaron a xurdir as primeiras agrupacións orquestais, a música pasa a ser o factor mais importante na diversión do pobo. Estas festas eran organizadas polos propios veciños nun plano «non administrado» froito duns códigos culturais de longa tradición que se ve ameazado nun crecente intervencionismo administrativo que pon en perigo a supervivencia destas celebracións. En definitiva, dende calquera punto de vista a mirar, o fenómeno social, económico e cultural que conleva a festa parroquial galega merece, pola súa importancia no país, unha reflexión por parte das administracións para protexela, enriquecela e conservala para as xeracións futuras.