O pazo de Meirás foi un regalo


Situadas dentro dun antigo parque con vistas á ría de Sada, as Torres de Meirás foron construídas pola familia de Amalia de la Rúa Figueroa y Somoza, nai da escritora Emilia Pardo Bazán, sobre as ruínas dunha antiga fortaleza medieval destruída polas tropas napoleónicas en 1809. Consta de tres torres cadradas e unha capela inserida no conxunto. A familia Pardo Bazán, sobre todo despois de convertida a antiga Granxa nas actuais Torres de Meirás, residía nelas case medio ano, desde maio ata a chegada do outono. En Meirás concibiu moitas das súas teorías sobre a mellora da agricultura galega o xurista, agrónomo e deputado José Pardo Bazán, pai de dona Emilia. 

A descendencia do matrimonio formado pola condesa de Pardo Bazán e o seu marido, Jaime Quiroga, foi escasa. Algúns dos seus fillos morreron prematuramente e outros, como Blanca e o seu marido, o marqués de Cavalcanti, morreron sen fillos. O herdeiro do lugar era Jaime Quiroga Pardo-Bazán, quen foi asasinado xunto ao seu único fillo, en Madrid, no verán de 1936, no curso da Guerra Civil. Os últimos herdeiros desentendéronse da propiedade e, así, unha comisión de homes de prol da Coruña, formada por figuras como Barrié de la Maza, Alfonso Molina, Marchesi ou Álvarez de Sotomayor promoveu unha subscrición popular para adquirir esta propiedade e regalarlla a Franco, xa convertido en caudillo de España. No mes de decembro de 1938, durante a única viaxe que realizou a Galicia durante a guerra, Franco recibiu dos coruñeses o agasallo das Torres de Meirás, que dixo aceptar con gusto «exclusivamente por tratarse de un obsequio de mis paisanos».

As vellas Torres pasaban a ser chamadas Pazo de Meirás e foi, desde entón, un dos lugares de referencia na vida política do franquismo durante case corenta anos. Alí veraneou o Caudillo, sen faltar ningún ano, desde 1939 ata a súa morte, en 1975. Alí celebráronse importantes reunións políticas e Consellos de Ministros, asináronse decretos e leis e procuráronse influencias.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
31 votos
Comentarios

O pazo de Meirás foi un regalo