Quen son eses da CIA?

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

12 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Vemos películas nas que aparecen os da CIA e, directamente, flipamos. Pero... que é a CIA? É a Axencia Central de Intelixencia do Goberno dos Estados Unidos. Desenvolve tres actividades principais: recompilar información sobre gobernos estranxeiros, corporacións e individuos, fai unha análise conxunta con outros datos doutras axencias e, por último, avalia sobre asuntos de intelixencia para a seguridade nacional. 

Amais disto, realiza ou supervisa actividades encubertas e operacións técnicas.

A CIA enfrontouse sempre ao terrorismo estranxeiro, e no 1986 creou o Centro de Contraterrorismo, co que localizou tres brotes de terrorismo islamita en diferentes lugares. De aí naceron grandes plans para loitar contra as células máis destacadas.

Quen son estes rapaces para dicirnos nada sobre unha alerta de atentado nas Ramblas? Entendo que non foi a CIA quen deu o aviso.

Porque eu si me fiaría.