A proclamación

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

13 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras anos de marear a perdiz, agora todos, excepto os independentistas cataláns, están de acordo en que o referendo é ilegal, e a gran pregunta é como vai evitar o Goberno de España que se celebre. A cousa non parece fácil.

As urnas cómpranllas aos chineses, modelo desmontable e lixeiro. A falta de financiamento non afecta a este punto porque non se necesitan moitas. Basta con enviar un par delas aos 500 alcaldes que apoiaron o referendo ilegal.

Como o número de participantes na votación é irrelevante para o resultado, cada alcalde anuncia publicamente a colocación dunha urna na praza maior do pobo e convoca por WhatsApp aos seus independentistas, que polo menos son seis, para que acudan a votar noutra urna colocada no Bar Ramonet.

O Goberno mobiliza ás forzas da orde para que se incauten da urna da praza e deteñan a calquera desgraciadet que acudise a votar.

Mentres o Goberno anuncia que o referendo non se realizou e que se tomarán medidas oportunas contra os organizadores, estes proclaman a República Catalá por 3.000 votos a favor (500 por 6) e ningún en contra.

O Goberno decide por fin deter por sedición a Puigdemont e compañía, que se converten en heroes da independencia e desde a prisión manteñen viva a loita pola liberación do pobo catalá.

Visto o visto, por que non vai ser así?