O incerto señor don Pedro


Vou escribir unha novela sobre Pedro Sánchez. Todo o mundo dubidará se é o Pedro verdadeiro ou un Pedro imaxinario, incerto coma as fantasmas. Ninguén imaxinará que o meu Pedro Sánchez é só un personaxe máis, un ser tristeiro e agonizante, un incomprendido que aspira a ser o que non pode, rebelándose contra o seu propio destino de home guapo que, malia iso, quere que o tomen en serio. O meu incerto don Pedro vivirá atormentado pola rebelión das imaxes contra as ideas e padecerá porque a política é o máis absoluto dos pecados.

Pero o máis orixinal da miña novela non vai ser o personaxe, senón o punto de vista. Falarán os seus inimigos, un tras outro, sobre unha película que viron protagonizada por Sánchez. Susana contará un filme de guerra no que Pedro é un aguerrido tirano capaz de todos os males que usurpou a cadeira dos desamparados; Carme contará unha aburrida película muda na que os acenos esaxerados relatan un melodrama sentimental; Felipe contará unha comedia absurda na que hai unhas eleccións e todos votan ao que non quere ninguén; e o mellor de todos será Mariano, que contará unha historia de ciencia ficción na que uns extraterrestres gobernan o mundo mentres os políticos enredan xogando ao brilé.

Ao final, falarei eu, a autora, e contarei a verdade que ninguén crerá: que Pedro Sánchez non é ninguén.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
24 votos

O incerto señor don Pedro