Misa do Espítitu Santo nos Xerónimos

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

06 sep 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

En España os reis non se coroan, proclámanse; como se fixo con Juan Carlos I nas Cortes, o día 22. Pero o rei non podía estar satisfeito con aquel acto, celebrado horas antes do funeral por Franco no pazo de Oriente e do seu traslado ao Val dos Caídos, que fixera imposible a asistencia de representantes de varias democracias europeas. Don Juan Carlos quería facer evidente que, co seu reinado, España comezaba unha nova etapa, e por iso se programou para o día 27, na igrexa dos Xerónimos, a misa do Espírito Santo, á que asistiron, entre outras personalidades, os presidentes Giscard D?Estaing, de Francia;Walter Scheel, de Alemaña Federal; e o duque de Edimburgo, esposo da raíña de Inglaterra. Tamén o papa Paulo VI enviou ao cardeal Doménico, na vez de delegar no nuncio, nun claro apoio á monarquía. O cardeal Tarancón pronunciou un discurso, máis que unha homilía, de ánimo ao rei e polo cambio.

Don Juan Carlos e dona Sofía volveron ao pazo real nun coche descapotable, escoltado polo escuadrón de lanceiros do Rexemento da Garda, aclamados por centos de miles de madrileños. Despois, a recepción, no salón do trono. Todo moi solemne. E Arias Navarro cun tremendo trancazo.