O tamaño do fútbol

Jorge Mira< / span> O MIRADOIRO DA CIENCIA

OPINIÓN

31 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O fútbol ten que ver con arredor do 1,5 % do PIB español; todo un fenómeno, que ademais parece invadir todo o planeta. ¿Por que gusta máis o fútbol que outros deportes de masas? Unha análise comparativa coas ligas deses deportes demostrou no 2005 que o fútbol trunfa por ser máis impredicible: é máis probable un pinchazo do Real Madrid co Córdoba que un do campión da NBA cun dos equipos frouxos do baloncesto americano. Bueno, corrixo: iso era así na liga española ata hai un tempo, porque ultimamente estamos asistindo a unha desviación desa emoción deportiva: só tres equipos disputan o título e o resto son comparsas. ¿Habería que buscar medidas que compensen o desequilibrio para non matar a galiña dos ovos de ouro? (¿reparto distinto dos diñeiros televisivos?). Outro factor de éxito é o bo tamaño do campo: a física dinos que, unha vez escollida a pelota para un xogo, iso determina o tamaño que acabamos definindo para xogar a ese deporte (coa excepción dos que usan muros, coma o squash). Unha curiosa lei de escala que se aplica tamén aos campos de batalla en función das armas que empregan.