O alfabeto corre co frío

Jorge Mira< / span> O MIRADOIRO DA CIENCIA

OPINIÓN

16 feb 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Escribo estas liñas baixo a borrasca Ulla. Logo virán Violetta, Waltraud, Xenia, Yvonne e Zarah. Vostede pode elixir nome, pagándolle 236,81 euros ao Instituto de Meteoroloxía da Universidade Libre de Berlín, que dende 1954 bautiza as borrascas (e os anticiclóns) que inflúen en Europa e vende ao público os nomes dende hai 10 anos para financiar prácticas de alumnos. Avísolles que hai cola: a listaxe vai por orde alfabética e xa están reservados case 4 alfabetos máis, aínda que xa se decatarían de que este ano a cousa corre que dá gusto (por certo, despois de Zarah o novo alfabeto recomezará con Andrea). A culpa é do aire frío do Polo Norte que está baixando cara a Norteamérica máis do habitual. A razón non se coñece, pero é imposible non sospeitar das graves alteracións que está a sufrir o Ártico por mor do cambio climático. Esa lingua de frío, ademais de conxelar aos ianquis, acaba chocando co aire máis quente do océano, creando un contraste enorme de presións que é a incubadora destas borrascas que esgotan o alfabeto. Ah, no 2015 as borrascas levarán nomes masculinos (e os anticiclóns, femininos).