Parabéns padriño!

José Manuel Parada Paz

OBITUARIOS

Dositeo Fernández
Dositeo Fernández

Dositeo Fernández, que hoxe estaría de aniversario, faleceu a semana pasada cando practicaba ciclismo

25 nov 2023 . Actualizado a las 18:29 h.

Hoxe estaría envíandoche unha mensaxe a primeira hora da mañá, o teu primeiro aniversario desfrutando da xubilación, soprando velas coa túa neta Manuela, que foi quen, en pouco tempo, de roubarche toda a atención. Gustábame falar contigo dela, porque me encantaba verte moi feliz e así eras, o home máis feliz do mundo.

A vida levoute moi inxustamente, contigo unha parte de min marchou, quizáis outra floreceu, todavía non o sei padriño. A túa presenza eterna en todos nós só pode dar lugar a cousas fermosas. Enchéstesnos de tantas cousas a tanta xente padriño.

A relación que mantiñas cos alumnos do colexio de Olveira, aos que dedicastes a túa vida coma se dos teus propios fillos se tratara, vina reflexada nas moitas ocasións nas que de maneira fortuita puiden escoitar o teu nome, Dositeo, pronunciado con emoción e cariño, sen facer falta máis para saber o moito que che querían e a pegada que deixastes nas súas vidas. Un amor mutuo e verdadeiro, fornecido de maestro a alumno e de alumno a maestro, na que eu remataba dicindo; pois ese é o meu padriño! cos ollos aínda máis emocionados, sabedor de que dicían a verdade máis pura, e que eu recibín de maneira especial.

Os teus compañeiros de profesión, a moitos dos cales tiven o grande honor de coñecer, coincidían no mesmo, a calidade humana que demostrastes sempre, apoiando en calquera causa na que eras chamado, ben fose para pedirche opinión, sacar adiante diferentes proxectos ou falar do tema que motivou a túa vida e aportou luz a tanta xente, a educación.

Outra das partes máis importantes da túa vida sen lugar a dúbidas foi a paixón polo ciclismo. Unha afición que tiven a sorte de compartir contigo, de coñecer da mellor man un deporte tan fermoso, no que conseguistes formar tamén unha familia na que para sempre estarás. Estos días puiden confirmar o moito que te queren e a enorme consideración que ten cada un deles de ti, aquí a calidade humana sumábase á calidade como deportista.

Recordo o alumear dos teus ollos cada vez que falabas da túa terra: O Incio, Rábade, Quiroga, todo Lugo na súa extensión e, sobre todo, da familia e amigos que tes alá. Sempre buscaba momentos de conversa contigo para deleitarme coa esencia desas terras que tanto me fixestes amar.

Padriño, creo que sempre fostes consciente do moito que te admiro, sempre ao meu carón cando necesitei de ti. Pedinche sempre consello, porque sempre tiñas unha resposta positiva, pausada, sensata e realista que me axudaba a reflotar calquera proxecto no que estivese mergullado. Seguirei téndote do meu lado.

Quero dedicar estas últimas palabras á miña querida madriña Isabel e ás miñas amadas primas, que tan rotas están nestes momentos. Sei que o legado tan grande que lles deixas será o faro que dé luz na travesía das súas vidas, porque ante todas as cousas ti eras luz e calma, as que sempre regalaron o teu sorriso e a túa mirada.

Hoxe e sempre estarás con nós padriño, segue pedaleando ...