Adeus a un referente do nacionalismo na cidade de Ourense

O que fora tenente de alcalde da cidade entre 2007 e 2019 morreu a causa dunha fulminante enfermidade. A súa familia e amigos despídeno no tanatorio As Burgas ata as catro da tarde


Ourense

«Din que a patria é a infancia e é verdade». Así rememoraba Alexandre Sánchez Vidal os anos da súa nenez hai apenas seis meses, nas páxinas de La Voz, con motivo dunha entrevista que acabou sendo a derradeira. A frase díxoa, cun sorriso, no patio da súa escola, o colexio Curros Enríquez, que elexiu entón como o seu lugar predilecto da cidade. Por aquelas datas diagnosticáronlle un cancro que finalmente este sábado obrigouno a despedirse antes de tempo.

Sánchez Vidal traballaba como letrado do Sergas pero o que fixo reconocible e reconocido foi a súa labor política, como líder do BNG da cidade durante moitos anos. Coñeceu a oposición no Concello de Ourense pero tamén formou parte da maquinaria municipal: foi teniente de alcalde entre o 2007 e o 2009. Desde o Bloque, que suspendeu os seus actos de campaña, lembraron a «súa capacidade de traballo e o seu compromiso político co nacionalismo galego». Aínda que Sánchez Vidal abandoara a formación, non dubidaron en sinalar a súa aportación á cidade de Ourense: «Dedicoulle un profundo esforzo tanto na oposición como no goberno da capital. Castelao afirmou que o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, e as ideas en feitos e queremos agradecer ao que foi o noso compañeiro durante moitos anos o seu empeño en construír desde o local realidades e feitos para unha Galiza máis libre».

Sánchez Vidal promoveu, xunto a Etelvino Blanco, a plataforma Ourense Mellor, que concorre as próximas eleccións municipais co ex sindicalista como cabeza de lista. En aquel momento aseguraba. «Non penso presentarme a nada, non teño esa expectativa vital en absoluto pero o que máis me preocupa é que se está transmitindo unha sensación de apatía á sociedade e iso non pode ser», explicaba sobre as razóns da súa participación nesta plataforma. En Ourense Mellor, como en toda a clase política, a noticia da súa morte foi unha xerra de auga fría, helada. «Queremos destacar a súa inmensa calidade como político e a enorme e incuestionable importancia da súa figura para esta cidade. Ourense débelle a Sánchez Vidal boa parte do progreso deste concello nos primeiros anos do goberno bipartito pero, sobre todo, as galegas e os galegos debémoslle agradecemento pola súa extraordinaria lucidez, sempre ao servizo deste país, e pola súa calidade humana, sempre presente». Ourense Mellor tamén suspendeu os actos de campaña, así como Ourense en Común, Unidas Podemos e PSOE, que quixeron trasladar o seu apoio á familia e ós amigos de Sánchez Vidal. Ciudadanos, Partido Popular, Compromiso por Galicia e Vivir Ourense fixeron públicos comunicados para lamentar o falecemento do ex teniente de alcalde de Ourense.

Sánchez Vidal, que está sendo velado polos seus no Tanatorio As Burgas e que será incinerado este domingo ás catro da tarde, deixa muller e dúas fillas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Tags
Comentarios

Adeus a un referente do nacionalismo na cidade de Ourense