A Pasionaria de Oleiros

Ángel García Seoane

OBITUARIOS

KOPA

OBITUARIO Esther Pita (ex-alcaldesa, Santa Cruz, 1942)

26 feb 2019 . Actualizado a las 08:12 h.

Esther Pita foi un dos motores principais da Alternativa dos Veciños. Muller de base apegada ao pobo, honesta, comprometida e defensora das clases máis desfavorecidas. Respectada polo conxunto dos cidadáns, á marxe de credos e ideoloxías.

A Esther gustáballe que a chamasen a Pasionaria de Oleiros, e nunca mellor dito. Emanaba paixón por todos os seus poros: paixón por servir a cidadanía, paixón polos marxinados, polos inmigrantes, polas persoas discapacitadas, polos nenos, polos maiores... Esa paixón aplicouna ao longo da súa vida na Asociación de Veciños Santaia e no Concello, tanto como concelleira de Servizos Sociais como na alcaldía. Esther era ante todo humana, fiel e honrada, características que cada día escasean máis entre a clase política. Sempre será ben lembrada na mente dos bos e xenerosos. Sempre contigo, amiga!

Ángel García Seoane é o alcalde de Oleiros.