O cedo adeus dun home activo socialmente e puntal do BNG

Foi responsable local dos nacionalistas e presidente dunha comunidade de montes


pontevedra / la voz

Con soamente 54 anos, moi cedo, e case de forma repentina marchou para sempre Luis Gómez Boedo, un home moi querido en Cotobade, onde sempre estivo activo en moitos eidos. Luis foi un home puntal no BNG durante varios anos. Chegou a ser responsable local dos frentistas e chegou a ir nos postos altos das listas.

Onte, os responsables dos partido polo que loitou, choraban a súa morte. Tamén mostrou o seu pesar o Concello de Cotobade, que recordou que Luis foi presidente da comunidade de montes se San Xurxo cando se recuperou a casa do pobo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O cedo adeus dun home activo socialmente e puntal do BNG