La buena salud del mayor grupo pizarrero 100 % gallego

MERCADOS

SAMACA

Samaca nació como una cooperativa para comercializar la producción de una veintena de pequeñas explotaciones, que con el paso de los años fueron cerrando o fusionándose para crear las cuatro empresas que son hoy

06 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

En la década de los 60, en Carballeda de Valdeorras, los vecinos descubrieron que aquella pizarra que desde hacía muchos años se venía sacando de las montañas para los tejados, tenía posibilidades de mercado. Eran comuneros, así que tenían derechos sobre el monte. «Xuntábanse un par de irmáns con algún familiar máis ou un veciño, e o trámite que tiñan que facer para poñer en marcha unha explotación era coller as ferramentas e ir ao monte buscar o rachón», relata Rogelio López, el presidente del grupo Samaca. Así nacieron muchas pequeñas empresas, entonces con apenas cinco o seis trabajadores; que decidieron unirse en una cooperativa para comercializar la producción. Era el origen de Samaca, que con el paso de los años se convirtió en una sociedad anónima. «As empresas foron collendo outro volume e pasaron a ser sociedades, e o mesmo fixemos con Samaca, porque era máis fácil pola forma de traballar, impostos e lexislación», continúa López.

Entre fusiones y cierres, ahora son cuatro las empresas que forman parte del grupo: Irosa, Samaca, Gonta y Rochas, esta en Brasil. También tienen Galir, pero está sin actividad. Conforman el grupo pizarrero más importante de Galicia con capital 100 % gallego, por detrás del fondo americano Carlyle, propietario de Cupa, y el grupo alemán Rathscheck.

Samaca facturó el año pasado 20 millones de euros, y la previsión para este 2021 es llegar a los 27. Es una subida muy importante debido a dos factores: el tiempo de trabajo y el aumento de la demanda. «No 2020 estivemos pechados seis semanas, e iso notouse. Este estamos traballando continuamente e de maneira intensa, porque hai moita demanda», explica López. Los pedidos siguen llegando de los principales mercados del sector: Francia, Reino Unido y Alemania; pero Samaca exporta casi a una treintena de países. «O control dos mercados por parte do sector é algo que vén de atrás. Temos experiencia e estamos presentes en moitos países. Sería imposible vender toda a produción no mercado nacional», señala Rogelio.

El futuro está asegurado. En parte porque han conseguido solventar problemas financieros que arrastraron durante años; y en parte porque cuentan con reservas suficientes. «Temos moita capacidade de medrar, ata de duplicar a produción; quedan uns anos moi bos, cun mercado estable que perdurará e crecerá», dice Rogelio. Ahora producen unas 40.000 toneladas anuales.

LOLITA VAZQUEZ

Rogelio López: «Hoxe é practicamente imposible abrir unha canteira nova»

 Nos anos 60, para abrir unha explotación só había que ser comuneiro e ir traballar ao monte. «Hoxe iso estaría penado ata con cárcere, porque fan falta permisos de Medio Ambiente, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e do Concello», di López. E o máis probable, engade, é que non saia adiante: «Para abrir unha canteira os requisitos tardan cinco ou seis anos; e sempre vai aparecer un informe negativo que non permita abrir; é practicamente imposible».

-Hai que garantir que todo está en orde...

-Pasa porque a minería non está ben vista; pero non se ten en conta que o 80 % do que consumimos precisa da minería. Hai moita hipocrisía. Todos queremos ter o último modelo de televisor, de coche ou de teléfono; e daquela válenos que exista a minería, pero lonxe.

-Canta vida lle queda ao sector? Ata cando haberá filón?

-Quédalle toda. O problema, como pasou noutros países, non é que se acabe a lousa, senón que se encareza tanto a produción que non sexa rendible polos custes de explotación. En Francia e Alemaña teñen reservas, pero sáelles mellor comprala fóra que producila. E iso que alí vendíana cara, porque teñen apoio institucional.

-Que aquí non?

-En Francia e Alemaña sempre que se facía un edificio público era obrigatorio que levara lousa do país. En España non pasa, e ademais en moitos concellos de Galicia está prohibido o uso de lousa. É unha loita coa que levamos moitos anos, pero na que non conseguimos nada.