«O eucalipto pode dar moitos recursos ao rural, pero non debe ser monocultivo»


Maderas Besteiro é unha empresa familiar que comezou a súa andaina en Castroverde en 1930, da man de Bautista Besteiro. Nos anos 40 trasladouse a Lugo e actualmente conviven na dirección a segunda e a terceira xeración. Mario Carballo, alleo á familia, é o xerente.

-Non fixeron ERTE.

-Non. Estivemos pechados o tempo establecido polo Goberno, afrontamos os sobrecustos derivados do peche e as medidas de protección e fomos especialmente estritos nos accesos para garantir a seguridade, pero non fixemos ERTE, mantemos os 82 traballadores. Foi un ano difícil, pero os números económicos non foron tan malos coma noutros sectores.

-A polémica polo eucalipto está de novo de actualidade.

-O eucalipto é unha especie foránea, como a pataca, que se dá moi ben en Galicia e debemos sacarlle uso e aproveitalo, non só para pasta de papel. Pode aportar moitos recursos ao rural, xerar moita riqueza, pero non debe ser un monocultivo. Non hai que demonizar nada nin evitar plantacións que poden ser rendibles, hai que apoiar, non prohibir, potenciando a biodiversidade. En Galicia poden convivir explotacións de eucalipto, castiñeiro e pino; con maior diversidade fariamos de Galicia unha potencia máis grande no sector forestal. As administracións deben contribuír ao desenvolvemento forestal de Galicia e fomentar os usos modernos da madeira. Apoiar a construción en madeira contribúe ao desenvolvemento económico das zonas e pode ser un elemento tractor do forestal..

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«O eucalipto pode dar moitos recursos ao rural, pero non debe ser monocultivo»