Custes de limpeza en albergues e hoteis

Pablo Canosa XERENTE DE AS EIRAS-LIRES

MERCADOS

31 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Nos Camiños de Santiago, ao igual que no sector turístico galego en xeral, acadar un estatus de confianza bidireccional entre cliente e servicio será clave, e custoso. Xa só os protocolos de limpeza e seguridade a implantar nos hoteis e albergues serán un gasto significativo. Nos hoteis, segundo tarifas e cálculos recentes, andarán entre os 7 e 13 euros por cuarto, e nos albergues un pouco menos, arredor dos 3 euros por praza. Por suposto, os bares, tascas, chriringuitos ... todos se verán afectados tamén, non só polo custe de adaptación e a nova carga que suporá a merca de produtos tales como hidroxeles, luvas ou máscaras. Os custes laborais tamén se incrementarán, os tempos nos procesos de  limpeza e desinfección para dar garantías serán maiores, e todo iso finalmente tradúcese en maís gasto para a empresa. Atrás quedan os números millonarios de compostelas entregadas os anos anteriores. A recuperación prevese lenta, quizais un pouco menos que a económica, grazas ao salvavidas que semella ser o ano santo 2021, e posiblemente o 2022. Parece que hai acordo entre Turismo de Galicia e o Goberno central. Falta por dar o seu beneplácito  a Igrexa, neste caso a autoridade principal. Que Deus o queira.