«Estamos vendo a posibilidade de empregalo en pequenos animais»

A profesora Marta López Alonso, que investiga no ámbito da agricultura ecolóxica, é unha das promotoras do proxecto Lacteal, que aínda non puido pasar a unha escala superior de produción polo estourido da crise do sector lácteo e non ter o apoio da comunidade autónoma.

­-Un dos problemas do leite ecolóxico é que os seus niveis de minerais son más baixos que o leite convencional.

-Revisando a bibliografía sobre o tema, hai traballos que apuntan, sobre todo no Reino Unido, que pode ser un problema importante para a poboación humana. Alí, a corrección dos niveis baixos de iodo na dieta faise a través do leite. En España corríxese co sal iodado, pero por exemplo non se pode usar en dietas para nenos pequenos e persoas maiores. E está demostrado que nos pequenos a carencia de iodo causa alteracións no desenvolvemento neurolóxico.

-¿Pódese usar este suplemento para outros animais?

-Estamos vendo a posibilidade de empregalo en determinadas dietas para pequenos animais, cans e gatos, especialmente cans, e tamén en coellos. Cremos que pode ser interesante porque son animais que teñen un sistema inmune un pouco precario e que é un dos puntos febles da produción. A idea é retomar estes experimentais e seguir nesta liña.

-¿E ovellas?

-Si, pero se o sector ecolóxico de leite de vaca é pequeno, o de ovella é aínda menor. Pero todos os animais que dependan do medio poden ter estas carencias.

Votación
0 votos
Comentarios

«Estamos vendo a posibilidade de empregalo en pequenos animais»