«Hai excepcións, pero en xeral, o sector primario e o rural non é especialmente innovador»

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO / LA VOZ

MERCADOS

Carlos Castro

08 oct 2017 . Actualizado a las 04:47 h.

Marco Rubinos levaba 15 anos traballando como técnico de apoio á investigación en Lugo ata que decidiu lanzarse ao mundo empresarial a carón dos seus socios Boris Hinojo e a doutora Carmen Cillero.

-Utilizan drons para o seu labor, un ámbito moi controlado.

-A lexislación actual é bastante restritiva. Temos que estar dados de alta na Axencia Española de Seguridade Aérea como operadores, ter os nosos seguros e identificar as nosas naves cunha placa e un identificador único... É igual que un coche. E ademais hai que ter uns pilotos que teñen que ter un certificado médico e un título, e ademais os pilotos só poden conducir aqueles drons para os que estean preparados, non todos. Neste momento traballamos con tres drons e dous pilotos habilitados para utilizalos.

-Dedícanse ao sector primario e ao mundo rural. É resistente á innovación?

-Entre que as tecnoloxías teñen que validarse para poder ser aplicadas e que non son sectores dispostos a facer investimento en novidades... Non é un sector especialmente innovador. Obviamente hai excepcións, en Galicia e en Lugo hai cooperativas que están facendo cousas sorprendentes, pero en xeral entre a maior parte dos agricultores, gandeiros é silvicultores non hai unha gran aposta polo investimento en I+D.

-Existen suficientes medidas e políticas de apoio á innovación e o desenvolvemento no mundo rural?

-Sempre se pode esixir máis, pero a verdade é que a día de hoxe, aínda que sexan poucas as iniciativas e os impulsos, temos programas como o Primare da Xunta, ou mesmo distintas iniciativas que se están poñendo en marcha a través da Axencia Galega de Innovación (Gain). E no sector dos drons só o de Rozas esixe e é unha aposta forte que esperemos que remate repercutindo nun polo tecnolóxico que sexa capaz de dinamizar toda a provincia de Lugo.

Rubinos traballou na investigación.

Rubinos traballou na investigación.