Patrocinado porPatrocinado por

«A drástica caída do polbo non se pode achacar a unha soa causa, aínda non hai certeza do que está a pasar»

La Voz REDACCIÓN/ LA VOZ

SOMOS MAR

Alberto Otero Peña, subdirector de Investigación e Apoio Científico-Técnico na Consellería do Mar, nunha foto de arquivo
Alberto Otero Peña, subdirector de Investigación e Apoio Científico-Técnico na Consellería do Mar, nunha foto de arquivo PACO RODRÍGUEZ

Alberto Otero, subdirector xeral de Investigación na Consellería do Mar, apunta a factores oceanográficos, cambio climático...

26 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Consultada a Consellería do Mar sobre a campaña do polbo no verano da pandemia, no seu nome fala o subdirector xeral de Investigación e Apoio Científico Técnico, o biólogo Alberto Otero Peña.

 -As estatísticas oficiais revelan una situación inédita en 20 anos. Que datos manexa a consellería?

-Os publicados. A verdade é que parece que o polbo ten unha situación complicada este ano. Pasa máis veces, é unha especie con altas e baixas; hai anos moi bos e outros peor. Fai dous anos houbo tamén unha baixada, menor que este, pero tamén era complicada.

-As capturas son o 10 % da media do século, é circunstancial?

- O certo é que despois da parada hai unha caída drástica. Nas anteriores a baixada non é tan pronunciada.

-A veda reabre o 1 de xullo...

-Completamente de acordo, os datos de agosto, 3.000 kilos, non ten nada que ver co do ano pasado. Si é unha caída moi drástica. 

-Que seguimento fai a consellería? Ademais das estatísticas hai algunha investigación?

-Temos un equipo de mostrexadores, que embarca todos os días na flota de baixura (...). Toman datos de todo o que capturan os barcos, independentemente de que sexa comercial ou non (...). Esa estatística non ten nada que ver moitas veces co que se vende, recolle todo o que se captura nunha serie histórica de fai máis de vinte anos. Así sabemos, máis ou menos, o estado da pesquería e a súa evolución. No polbo, a tendencia anual reflexa estas flutuacións, pero no total nada indica que teña un problema especialmente duro.

-Que non haxa de talla comercial non equivale a que escasee?

-O ciclo biolóxico do polbo é diferente a outras especies. Os que se pescan este ano son o resultado da posta do ano anterior (...). As condicións oceanográficas son moi importantes, ás veces unha variación dunha corrente, o afloramento que non chega ben a Galicia ou calquera cousa inflúe en que haxa máis ou menos recrutamento. Pode ser unha causa. Ao mellor o ano pasado foi menor por unha destas cuestións.

-Ademais dos oceanográficos, algún outro factor ambiental?

-Si, claro, o cambio climático pode estar afectando, tamén unha sobrepesca, hai múltiples factores. O que si temos detectado é que, por exemplo, no 2018, un ano tamén de baixada importante, o seguinte foi un ano bo. O polbo é unha especie cunha vida relativamente corta, arredor dun ano ou dous. Pode ser que lle afecten estas cuestións e a posta deste ano sexa suficiente e non inflúa, pese á temperatura da auga, e teñamos un ano moi bo. Se houbo unha posta correcta, boa, imos a ter stock e campaña do ano que vén vai a ser boa.

-Detectouse subida ou baixada da temperatura das augas?

-Non teño constancia, nós levamos a pesquería en si. Temos un equipo de biólogos que a analiza, tendo en conta múltiples factores. Aínda non dou tempo, estamos vendo a evolución. Falo de temas biolóxicos, pero poden ser outros, coma o fallo oceanográfico, o incremento ou baixada da temperatura da auga, unha sobrepesca no recrutamento do ano pasado... Non se pode achacar a unha soa causa porque aínda non hai certeza do que está a pasar.

-Puido repercutir a redución da veda de dous meses a un?

-Non na pesquería deste ano, porque, como xa dixen, os polbos que temos son da posta do ano pasado. Si podemos estar afectando á do ano que vén (...). Os que se deixaron de pescar antes da primavera e os da parada deberían de ser suficiente stock para ter unha posta como todos os anos. Aí hai un fallo parece que do ano anterior, a veda deste, un mes ou dous, afectaría practicamente nada. Iso en caso de que houbera unhas condicións adversas outra vez, ou non houbera stock suficiente. A partir de agora, nas campañas que faga o Oceanográfico, si se fan, haberá que ver a cantidade de larvas de polbo que hai no mar ou, en todo caso, a partir de decembro, que é cando empezan a detectarse larvas un pouco máis grandes, ver o stock dispoñible (...).

-Por que desapareceu o polbo?

-Estamos no medio do problema, temos que ver moitas variables. Esperemos que sexa unha situación normal, porque as series históricas nos din que é así e parece que a poboación é bastante estable. A bioloxía non é unha ciencia exacta, esta é a tendencia dos. Que pasara unha cousa que aínda non temos controlada? Pois haberá que valoralo cando empecemos a ver o recrutamento deste ano. Agardemos que esta sexa unha desas campañas baixas, máis marcada, pero que non teña máis consecuencias.