Patrocinado porPatrocinado por

Onde estivo a pesca nas autonómicas?

Torcuato Teixeira

SOMOS MAR

PACO RODRÍGUEZ

24 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Dicía o corredor de triatlón Mark Allen: «Podes continuar para rematar a carreira e as pernas doeranche a semana enteira, ou podes renunciar e a mente doérache toda a vida». Vale, pois nestas autonómicas houbo partidos que preferiron votar toda a lexislatura coas pernas cansas e outros que optaron por renunciar.

Para explícito, o Partido Popular de Galicia volveu facer un acto sectorial con toda a xente da pesca, presentando o seu programa electoral coa presenza no só da conselleira do ramo, senón do propio presidente en funcións da Xunta.

Ana Pontón, polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), pouco antes de decretarse o estado de alarma e suspenderse as eleccións previstas en principio para o 5 de abril -que despois foron adiadas-, foi quen de achegarse ás 7.30 da mañá á lonxa coruñesa de O Muro para percibir directamente a realidade do sector na que é lonxa pesqueira mais importante de Galicia, e reunirse con comercializadores e armadores para escoitar as demandas do colectivo e presentar o seu proxecto de país para a pesca galega.

Sector esencial

O resto dos partidos políticos, quitando actos moi puntuais, como por exemplo os dos membros de Cidadáns da lista de A Coruña, e salvando tamén á equipa de Goberno do Concello da Coruña, que non parou de ter contacto coa pesca coruñesa, antes e despois das eleccións, pasaron de puntillas polos problemas que presenta esta importante actividade económica, e semella que tiñan urticaria cara votar unha carreira por este sector.

Pois ben, o resultado electoral en moitos portos da comunidade e zonas do litoral costeiro galego non deixa lugar a dúbidas. Nunca me cansarei de dicilo, o sector pesqueiro en Galicia non soamente é esencial, senón que é determinante para calquera proxecto que se teña para este país.

Non votar carreiras por el ata que as pernas che doan, fai que despois a cabeza dóache por unha longa tempada, non si?