Patrocinado porPatrocinado por

Novos rumbos para a pesca

Torcuato Teixeira SECRETARIO XERAL DE PESCAGALICIA

PESCA Y MARISQUEO

PEPA LOSADA

16 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Levamos na pesca moitos anos co piloto automático posto. Estamos nunha inercia de deixarnos levar. Si, puxemos o piloto automático, e todos -sector, pero sobre todo responsables políticos- renunciamos a explorar novos derroteiros, co cal apartámonos de posibles novas solucións.

En España, a pesca é considerada un sector incómodo politicamente e, polo xeral, os nosos representantes público soen fuxir das Comisións de Pesca parlamentarias, e dende logo ao non ter a nivel do Estado unha Secretaría General de Pesca con rango de Secretaría de Estado, ou un Instituto Español de Oceanografía (IEO) adscrito ao ministerio que xestiona a pesca con recursos suficientes para a súa importante labor, tampouco axuda precisamente.

En Galicia seguimos adoecendo tamén dunha estrutura de xestión política e administrativa acorde co peso que ten este sector económico no noso país, ou alguén cre de verdade, que toda o que move o sector pesqueiro galego pódese xestionar a través de dúas direccións xerais? A maiores, en Galicia carecemos dun instituto científico do que tanto sector como xestores políticos podan botar man para facer política e xestión pesqueira fundamentada na mellor información científica, esencial para defender os intereses do sector en todos os foros, nacionais e internacionais.

Aposta polo sector

Non chega, evidentemente, coa boa vontade ou capacidade de traballo dos responsables políticos de turno, que me consta que existe. Necesitamos saírnos da dinámica actual, explorar novos derroteiros que nos leven a parar a sangría de redución de flota, que nos leven a volver a facer atractivo o sector non só para os traballadores, senón tamén para os empresarios que queiran inverter e apostar por este sector.

Necesitamos en definitiva pilotar sen automatismos e con determinación un sector que non quere afundirse, senón seguir sendo o provedor dese alimento tan sostible e saudable para os cidadáns chamado peixe. Estamos en tempo, pero cousas diferentes demandan plantexamentos e dinámicas diferentes, pois iso.