Patrocinado porPatrocinado por

A xarda, crónica dunha desfeita anunciada

Torcuato Teixeira

PESCA Y MARISQUEO

PEPA LOSADA

Opinión

15 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Dicíame un armador de arrastre galego hai uns días, en plena campaña da xarda, que estaba desesperado e ao borde dun ataque de nervios. En media hora enchía as súas bodegas, e nada máis saír do porto xa tiña que volver a terra. E, claro, coa súa cativa cota de xarda a campaña vaille dar para apenas uns días, co que terá que amarrar o barco ou adicarse a outra pesqueira esquivando como se poda a xarda que enche no noso Cantábrico.

E un exemplo dos moitos que podiamos ter neste caladoiro, en todas as artes, sobre todo coa flota galega e asturiana, produto dunha negociación política infame na que a flota galega foi marxinada por acción e omisión de uns e outros. E todo isto agravado no caso do arrastre porque, ademais de ter un porcentaxe xeral asignado a este segmento moi escasa dado os custes e capacidade de pesca desta flota, a nivel interno creouse unha gran desigualdade tras deixar a Administración que as cotas de xarda dos barcos de arrastre despezados non aproveitaran a todo os barcos de arrastre que quedaban operativos e foran estas poxadas ó mellor postor. Unha desfeita que fai, en definitiva, que unha pesquería que podía ser a alegría dos nosos pescadores, se converta nun pesadelo, e só serve para enfrontar os pescadores do Cantábrico que pelexan por eses restos que nos deixan os pescadores do norte de Europa que viven na abundancia e que, por suposto, miran encantados como un gran competidor está atado de pes e mans.

Quen gobernou nos derradeiros anos xa sabemos o que fixo e a onde nos levou, agora toca facer cousas distintas, e para iso quen goberne terá que empezar por cambiar o modelo de xestión do Cantábrico para que a equidade, os criterios de igualdade e, en definitiva, o interese xeral sexan os criterios de reparto dentro de cada segmento de flota, independentemente de onde se teña o porto base, chámese este Pasaia, Laredo, ou Portosín. Máis difícil, pero non imposible, necesitamos tamén cambiar o modelo de xestión desta costeira na UE, unha explotación por criterios de esforzo para pesqueiras explosivas como esta, unha zona singular de xestión para o Cantábrico polo seu impacto social, poden ser dúas iniciativas que polo menos deberiamos tentar levar adiante. España, máxima prexudicada por esta pesqueira na UE, debería liderar estes cambios por suposto; si cousas distintas para tentar resultados distintos, e un Estado proactivo, non expectante, non si?