A Xunta mellorará este ano o firme da estrada Cabreiros-Momán, en Xermade

la voz LUGO

XERMADE

O amaño desta estrada leva anos reclamándose por parte dos veciños de Xermade
O amaño desta estrada leva anos reclamándose por parte dos veciños de Xermade PALACIOS

Faranse obras entre Xermade e Cabreiros, 5,5 quilómetros, cunha inversión de 450.000 euros

03 mar 2021 . Actualizado a las 16:39 h.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, avanzou este mércores na Comisión 2ª do Parlamento que a Xunta vai levar a cabo este ano obras de mellora do firme na estrada LU-170, entre Cabreiros e Momán, no concello de Xermade, cun investimento de preto de 450.000 euros. 

Francisco Menéndez detallou que o proxecto está redactado e en fase de supervisión técnica para a súa execución neste mesmo ano 2021. Concretou que se actuará nun treito de 5,5 quilómetros aproximadamente, do punto quilométrico 23+260 ao 28+716, centrándose as intervencións no treito comprendido entre o núcleo de Xermade e Cabreiros. 

Os traballos inclúen o estendido dun aglomerado en todo o ancho da plataforma, así como a execución de cunetas de seguridade en determinados puntos.