«Non tes un fillo porque che dean 600 euros, nin por 1.200, nin por 3.000»

Esta vecina de Xermade foi unha das poucas nais que recibiron a axuda prevista polo Concello


Vilalba

Nuria Bellas, veciña da parroquia de Candamil (Xermade), tivo un fillo o ano pasado. Foi unha das que recibiu a axuda prevista polo Concello de Xermade para nacementos, aínda que ela subliña que unha decisión desa importancia está por enriba de calquera apoio institucional que supoña un estímulo: «Non tes un fillo porque che dean 600 euros, nin por 1.200, nin por 3.000», di.

De todos os xeitos, si cre que en Xermade debera haber servizos que hoxe non teñen os veciños. O primeiro que cita é unha gardería. No municipio funciona unha casa niño, aínda que ela semella pouco satisfeita con ese servizo, pois comenta que lle dixeron que sería difícil que o seu neno, tendo en conta os ingresos recollidos na declaración da renda, conseguise praza.

Entón decidiu contratar unha rapaza que lle axudase a criar o fillo e diminuír o horario da súa xornada laboral: «Reducina para poder crialo e estar con el, porque o tempo dos pequenos pasa rápido e non volve», di.

Que non peche o colexio

O ano pasado, na súa parroquia houbo outro nacemento. Nuria Bellas recoñece que lle fai ilusión que nazan máis nenos, xa que iso parécelle ademais unha maior garantía contra a posible supresión de certos servizos en zonas rurais: «Se non hai nenos, pechará o colexio, e haberá que levar os nenos a Vilalba», comenta.

Vilalba ou As Pontes quedan a pouco máis de dez minutos de Candamil, aínda que Nuria Bellas prefire a tranquilidade do ambiente no que vive fronte a outras comodidades. «Eu crieime na aldea e creo que sería incapaz de vivir na cidade», afirma. De todos xeitos, os seus puntos de vista non son definitivos: «Se non queda máis remedio, sen problema: adáptome ao que sexa. Pero non é o que me leva a vida», explica. Acepta que un neno criado nunha vila grande ten outras oportunidades, aínda que engade que esa oferta non queda tan lonxe organizando a vida e dedicando tempo, xa que fan falta viaxes dende o lugar de residencia.

 

Xermade sueña con un pequeño «baby boom»

x.m.p.

que en un municipio se agoten antes de fin de año los fondos dedicados a ayudas a la natalidad, que en realidad son ayudas a familias que han tenido hijos, puede ser una satisfacción o suponer un pequeño problema. En el caso del concello chairego de Xermade, como en otros, lo primero no parece admitir dudas, y el alcalde, Roberto García, no oculta que supone un motivo de alegría. En cuanto a lo segundo, tampoco el asunto implicó un contratiempo insuperable, pues se usaron otros fondos. Lo curioso es que la situación registrada movió al gobierno local a incrementar la partida de este fin: los 6.000 euros que se destinaban otros años se han convertido en este 2018 en 7.200.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Non tes un fillo porque che dean 600 euros, nin por 1.200, nin por 3.000»