Vilalba inaugura o día 6 co alumeado un Nadal de máis de vinte actividades

Laura López LUGO / LA VOZ

VILALBA

Presentación do programa de Vilalba
Presentación do programa de Vilalba CEDIDA

O Concello presentou unha programación para toda a familia

04 dic 2021 . Actualizado a las 17:19 h.

O Concello de Vilalba presentou a súa programación de Nadal, cunha variada oferta lúdica, cultural e festiva para todas as idades que se prolongará durante máis dun mes, con máis de vinte actividades. «Quixemos traer espectáculos culturais de todo tipo, desde música a ballet, teatro e maxia, tendo en conta que no Nadal predomina o público familiar», asegurou a concelleira Vanesa Siso.

· Luns 6. 18.30, Praza do Concello. Acto de acendido das luces e a inauguración do poboado de Nadal.

· Venres 10. 20.30, Auditorio Municipal. Concerto de corais: Coral Virxen do Monte (Cospeito), Andrade Ensemble (Vilalba), Coral Luar (Vilalba). Organiza a Coral Luar, con entrada de balde.

· Sábado 11. 20.30, Auditorio Municipal. Proxectarase a película Outros Camiños (con coloquio co director, Rubén Riós). De balde.

· Domingo 12. 18.00, Auditorio. Obra de teatro O Charco de Ulises, co Centro Dramático Galego. De balde.

· Luns 13. Comezo do III Concurso de Escaparates.

· Venres 17. 20.30, Auditorio. Recital do alumnado do Conservatorio Municipal. De balde.

· Sábado 18. 17.00 e 19.30, Auditorio. Musical Naviland. 3 euros.

· Domingo 19. 18.00, Auditorio. Apalpadora, a filla do Apalpador. De balde.

· Martes 21. 9.30, Praza da Constitución. Feira do Capón con showcooking e postos con outros produtos da zona. Tamén comeza o I Concurso de Decoración de Casas, Fachadas e Balcóns de Nadal.

· Xoves 23. 16.15 e 17.45, biblioteca. Bebeteca: comerá o bebé? Con contos, poemas, xogos de mans, música... De balde. Inscrición previa.

· Xoves 23. 21.00, Auditorio. Músico de Cine: concerto de Nadal coa Orquestra Gaos, con bandas sonoras da historia do cine. De balde.

· Venres 24. 17.30, Auditorio. Pasarrúas con Papá Noel, percorrendo a meirande parte das rúas de Vilalba, con agasallos para os cativos.

· Sábado 25. 20.00, Auditorio. Concerto de Nadal coa Banda de Música de Vilalba. De balde.

· Domingo 26. 20.00, Auditorio. Presentación do libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, coa actuación de Xorima. De balde.

· Luns 27. 19.30, Auditorio. Ballet El lago de los cisnes, de Chaikovski, a cargo do Ballet Nacional de Moldavia. A entrada anticipada custa 12 euros e en taquilla, 15.

· Mércores 29. 18.00, Auditorio. Obra musical Os tres porquiños. 3 euros.

· Venres 31. 16.30, Praza da Constitución. V Carreira-Andaina de San Silvestre.

· Domingo 2. 19.00, Auditorio. Espectáculo de hipnose con Os Hipnoautas. 3 euros.

· Mércores 5. 18.15, desde a estación de autobuses. Cabalgata de Reis polo casco urbano e as parroquias. Recepción ás 19.00 no Auditorio.

· Venres 7. 18.00, Auditorio. The Magicians, un show internacional de maxia e ilusionismo. 3 euros.

· Sábado 8. 20.00, Auditorio. Zarzuela coa soprano Guiomar Cantó e o tenor Rodolfo Albero, co pianista Manuel Ariza. De balde.