Xosé Lastra Muruais gaña o premio do Certame Literario de Vilalba

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

VILALBA

Xosé Lastra Muruais naceu na Pontenova e vive en Ortigueira
Xosé Lastra Muruais naceu na Pontenova e vive en Ortigueira JOSE PARDO

A súa obra, «Loureiro», foi elixida entre 71 poemarios presentados

22 ago 2021 . Actualizado a las 16:26 h.

O Certame Literario de Vilalba xa ten gañador este ano. Xosé Lastra Muruais, que vive en Ortigueira, é autor do poemario «Loureiro», elixido polo xurado entre os 71 presentados. O xurado estivo presidido pola alcaldesa, Elba Veleiro, en substitución da concelleira de Cultura, Vanesa Siso. Os outros membros foron o académico Darío Villanueva, o historiador Ramón Villares e os xornalistas Xulio Xiz e Fidel Fernán, aínda que este non participou na reunión. O certame, convocado polo Concello, chegou este ano ás 47 edicións e tense convertido nuna cita importante dentro da literatura galega.

Lastra, nado na Pontenova, ten sido concelleiro en Ferrol, profesor e parte activa de movementos como Nova Escola Galega e participou como coautor e coordinador de distintas obras, entre eles dicionarios. A entrega do premio celebrarase o día 30 (Auditorio Municipal, sete e media da tarde). O acto recupera así a súa data tradicional, na véspera do San Ramón. Ese día xa haberá máis actos, pois terá lugar o pregón e Xosé Lois & Aliboria ofrecerán un concerto (praza da Constitución, dez da noite) con pezas do disco «Latexo».