Vilalba recupera a programación cultural no Auditorio

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

VILALBA

El Auditorio Municipal (a la derecha) será de nuevo escenario de la vida cultural de Vilalba
El Auditorio Municipal (a la derecha) será de nuevo escenario de la vida cultural de Vilalba PALACIOS

A cantante Uxía representa o sábado un espectáculo sobre Rosalía para nenos

22 feb 2021 . Actualizado a las 19:45 h.

Vilalba volver ter programación cultural no Auditorio. A mellora das circunstancias sanitarias pemiten que as actividades culturais programadas polo Concello se celebren de novo. Así, o vindeiro sábado, ás sete da tarde, a cantante Uxía representará o espectáculo Rosalía pequeniña, dirixido ao público máis novo. As entradas custarán tres euros. Uxía ten unha longa traxectoria que entre os seus chanzos recentes inclúe o disco Uxía-O, dedicado ao poeta Uxío Novoneyra.

Por outra banda, as actividades na capital chairega continuarán ao longo do mes de marzo. O día 5, ás sete e media da tarde, representarase o espectáculo Rock Cirk de Rolabola, cunha posta en escea propia do circo con acompañamento musical. O día 7, tamén ás sete e media da tarde, as escritoras Lucía Aldao e María Lado presentarán a iniciativa chamada Aldaolado: o benquerer(se), orientada á poesía escénica. O prezo das entradas será de tres euros os dous días.

A programación deseñada pola Concellería de Cultura continuará durante a primavera. Dentro das actividades haberá tamén espazo para a música clásica: o día 30, ás sete da tarde, a orquestra Gaos ofrecerá un concerto no que interpretará composicións de Haydn e de Mahler. As entradas tamén custarán tres euros ese día.