Exposición sobre Carvalho Calero en Vilalba

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

VILALBA

A concelleira de Cultura, Vanesa Siso, e o presidente de Egeria, Xulio Xiz, na inauguración da exposición
CEDIDA

A Casa da Cultura acolle a mostra, organizada polo colectivo Egeria

27 oct 2020 . Actualizado a las 11:42 h.

A exposición «Don Ricardo de Fingoi» está instalada dende onte en Vilalba. A Casa da Cultura acolle a mostra, que recolle en paneis os anos vividos en Lugo pola figura a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. O colectivo Egeria é o promotor da iniciativa, na que se lembran uns anos intensos na vida de Carvalho Calero: traballou no Colexio Fingoi, pero asemade leu a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a escribir a Historia da Literatura Galega Contemporánea, unha das súas obras máis coñecidas.

Na inauguración da exposición participaron a concelleira de Cultura, Vanesa Siso, e o presidente de Egeria, Xulio Xiz. A exposición ten carácter itinerante. Instalouse primeiro e Lugo, e despois, ao longo deste ano, en vilas de toda a provincia.