Nova edición do Premio Fernández Paz en Vilalba

O Iescha, o Concello e Edicións Xerais convocan o certame


VILALBA / LA VOZ

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia veñen de convocar unha nova edición do Premio Agustín Fernández Paz, centrado na narrativa infantil e xuvenil. O gañador recibirá 3.000 euros, aínda que esa cantidade estará suxeita ás retencións legais vixentes, e a obra será publicada pola devandita editorial, que terá os dereitos dos primeiros 1.500 exemplares da obra que se vendan.

O prazo de admisión de exemplares abriuse o xoves, Día do Libro, e pecharase o 12 de xullo, ao cumprírense catro anos da morte do escritor. O xurado anunciará a súa decisión en outubro, e nas bases recóllese a posibilidade de que quede deserto. O premio acada a cuarta edición. No 2019 gañouno Antía Yáñez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Nova edición do Premio Fernández Paz en Vilalba