Antía Yáñez gaña o premio Fernández Paz

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

VILALBA

Oscar Vázquez

O  xurado decidiu recoñecer a obra «Plan de rescate»

28 oct 2019 . Actualizado a las 18:48 h.

Antía Yáñez (Burela, 1991) é a gañadora da terceira edición do premio Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil. Está convocado polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), polo Concello de Vilalba e por Edicións Xerais de Galicia. Rosa Aneiros, Manuel Bragado e Xabier Senín formaron o xurado, que o sábado, por unanimidade, decidiu elixir como gañadora a obra «Plan de rescate», que foi presentada ao premio cun peusdónimo de igual nome ca o libro.