«Elisa e Marcela», no teatro en Vilalba

VILALBA

Santi M. Amil

A Panadaría presenta o seu espectáculo teatral o domingo 13 ás 20.00 horas

12 oct 2019 . Actualizado a las 17:49 h.

A Panadaría presenta en Vilalba o seu espectáculo teatral Elisa e Marcela. Historia que parece conto. Será ás 20.00 horas no Auditorio Municipal. A obra presenta unha reconstrución irreverente dun suceso real, unha historia de amor a contratempo.

 

A obra está ambientada no ano 1901, cando dúas mulleres casaron na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home: «Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas», segundo aclaran na sinopse.