A tasca do liño, unha actividade xa clásica en Vilalba

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

VILALBA

CEDIDA

A undécima edición da fesrta celébrase o 26 de outubro

10 oct 2019 . Actualizado a las 17:14 h.

Unha festa que  se ten convertido en clásica en Vilalba é a da tasca do liño, que ten lugar na parroquia de Insua, organizada pola asociación de mulleres rurais. A undécima edición celébrase o día 26 e inclúe demostracións e actuacións musicais. Os actos foron presentados esta mañá pola alcaldesa, Elba Veleiro, e pola presidenta da asociación de mulleres de Insua, Lourdes Otero, co deputado provincial Roberto García.