Variada programación cultural en Vilalba este outono

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

VILALBA

CEDIDA

A música e o teatro estarán presentes na oferta do Concello para as vindeiras semanas

18 sep 2019 . Actualizado a las 18:20 h.

Dende o venres ata o 30 de novembro ?•?Biblioteca Municipal, Auditorio Municipal e praza da Constitución?• O teatro e a música estarán presentes en Vilalba nas vindeiras semanas coa programación que deseñou o Concello, presentada onte polsa alcaldesa, Elba Veleiro, e pola responsable da área de Cultura, Vanesa Siso. O primeiro acto ten lugar mañá (Biblioteca Municipal, 18 horas), coa representación do espectáculo de contacontos «Bolboretas». O domingo (Auditorio, 20.30 horas) represéntase o espectáculo de monicreques «The piccole theatre», dirixido a nenos de cinco anos en diante. O venres 27 (Biblioteca, 20 horas) o grupo Trémola Teatro ofrece un espectáculo de narración. O sábado 28 (praza da Constitución, 21.30 horas) actúa Mavela e tamén, xa dende o mediodía, hai cantos de taberna na vila.

O primeiro acto de outubro celébrase o día 4 (Biblioteca, 19 horas) e consiste nun obradoiro co escritor Eli Ríos. O día 5 (Auditorio, 18.30 horas) Teatro Gorakada representa «A viaxe de Ulises». O 13 de outubro (Auditorio, oito do serán) A panadaría representa «Elisa e Marcela». A programación continúa ata o 30 de novembro.