Miguel Barrera, gañador do Certame Literario do Concello de Vilalba 

O traballo presentado é «Poema da rúa das aves», e a entrega farase o día 30


Vilalba / La Voz

Migue Barrera, vilalbés residente en Torrelaguna (Madrid), é o gañador do Certame Literario Concello de Vilalba, que este ano acada as 45 edicións. A obra pola que foi premiado polo xurado, cuxa decisión se anunciou esta mañá,é «Poema da rúa das aves». O premio ten unha dotación económica de 7.000 euros, e a entrega, como é habitual, farase o día 30,  véspera do San Ramón. 

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, presidiu o xurado, do que formaron parte o académico Darío Villanueva, o historiador Ramón Villares e os xornalistas Fidel Fernán e Xulio Xiz. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Miguel Barrera, gañador do Certame Literario do Concello de Vilalba