Mercar nas tendas de Vilalba ten premio

María Guntín
María M. Guntín VILALBA / LA VOZ

VILALBA

Vilalba prepárase para a Ruleta da Sorte.
Vilalba prepárase para a Ruleta da Sorte. Cedida

A partir do martes da semana que vén, os clientes máis fieis do comercio local da vila poderán xirar unha ruleta na praza da Constitución e optar a múltiples agasallos

03 jun 2019 . Actualizado a las 12:42 h.

As tendas locais de Vilalba premian a fidelidade dos seus clientes a través da campaña «Ruleta da Sorte». Aqueles e aquelas que merquen nos comercios da vila poderán xirar ata tres veces unha roda e gañar distintos agasallos que premian a aposta dos clientes que fan as súas compras nos comercios da rúa.

O aparato estará instalado dende o martes, 11 de xuño, na praza da Constitución, de once da mañá a dúas e media da tarde. Para xogar, os vilalbeses e visitantes terán que ensinar un ticket obtido nas tendas locais e que debe superar os dez euros. 

Esta campaña, organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba e a Consellería de Emprego, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Nas próximas semanas, celebraranse máis actuacións noutras localidades lucenses. 

Photocall incluido

No recinto, os que desexen poderán disfrutar dun photocall ubicado a carón da ruleta.